No ano 2018 constitueuse o Observatorio da Vivenda de Galicia, OVG, como un espazo de intercambio de información, propostas e comunicación do sector da vivenda, destinado a servir de apoio aos axentes públicos e privados interesados no sector (administracións, usuarios/as, empresas, profesionais, asociacións e cidadanía en xeral), tendo como finalidade o estudo, a análise, o seguemento e a difusión da temática da vivenda en Galicia, así como facilitar a participación e a colaboración entre as administracións públicas e as entidades privadas vinculadas a esta materia.

O Observatorio da Vivenda de Galicia, OVG, está formado polo Consello do OVG, constituído por representantes das administracións públicas con competencias na materia de vivenda e representantes de institucións ou asociacións que agrupan persoas físicas ou xurídicas que teñen a consideración de axentes da edificación na Lei 38/1999 de 5 de novembro, de ordenación da edificación, e por varias seccións (grupos de traballo postos en marcha polo Consello que desenvolven determinados cometidos en temas específicos).

Os representantes do Consello Galego da Arquitectura Técnica no Consello do OVG, son:

  1. Presidente do Consello Galego: D. Darío López Fernández
  2. Secretaria Xeral do Consello Galego: Dª Rosana Rivas Mariño.

Os representantes desinados polo Consello Galego da Arquitectura Técnica​ ás seccións nas que participa, son os seguintes:

  1. Sección técnica e de calidade: Dª Rosario Salgado Abelenda.
  2. Sección social: Dª Rosana Rivas Mariño, Secretaria Xeral do Consello Galego da Arquitectura Técnica.
  3. Sección de financiamento e intermediación: Dª Rosana Rivas Mariño, Secretaria Xeral do Consello Galego da Arquitectura Técnica.

Para máis información podes consultar os seguintes enlaces:

Pacto Social pola Vivenda de Galicia 2021-2025.

03/03/2021

Os fondos europeos para a rehabilitación e eficiencia enerxética.

26/03/2021

Sesión informativa sobre o decreto do informe de avaliación de edificios.

25/06/2021

Axudas

Axudas para rehabilitación