O Consello Galego concede cada ano os Premios Galicia aos traballos fin de carreira que se presentaron na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña no curso académico.

A convocatoria faise chegar a todos os alumnos que finalizaron os seus estudos no período correspondente, fixándose nas Bases de cada edición os prazos de recepción dos traballos, a composición do Xurado e a data da entrega de Premios, que leva a cabo nun acto solemne na aula Magna da EUAT.

Os traballos premiados quedan en posesión do Consello Galego, constituíndo parte dos seus fondos de biblioteca, do mesmo xeito que os dereitos de reprodución, para o caso de decidirse a publicación do traballo.

Premios Galicia 2022-2023

Fallo do Xurado dos Premios Galicia 2022-2023, que o Consello Galego da Arquitectura Técnica concedeu aos Traballos Fin de Grao, defendidos e superados, na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica de A Coruña, durante o curso académico 2022-2023.

Primeiro Premio: concedido a Dª. Laura Tombilla Castro, polo seu traballo Proyecto de Reforma de Edificio de dos Viviendas y Local Comercial en Vigo.

Segundo Premio: concedido a D. Juan Herminio Carballido González, polo seu traballo Rehabilitación para Coliving en Payo Gómez 10, A Coruña.

Accésit: concedido a D. Víctor Rial Iglesias, polo seu traballo Proyecto de rehabilitación y reforma de complejo hotelero a centro residencial de la tercera edad, situado en Os Carballos, Oroso.

Accésit: concedido a Dª. Cristina Combo López, polo seu traballo Proxecto de Rehabilitación do Pazo das Figueiras, no Lugar das Figueiras, s/n, Concello de Melide, A Coruña.

Accésit: concedido a Dª. Irene Morales Mesejo, polo seu traballo Reforma de edificio en la Avenida Doctor Tourón 16, en Vilagarcía de Arousa.

Mellor expediente académico: O premio ao mellor expediente académico foi concedido a D. Noé Teófilo Fernández Diéguez.